A Asociación Alemá de Albergues (DJH) organizan o programa FUTURE OF EUROPE, un foro no que mozos de diferentes países convivirán durante unha semana debatendo sobre o futuro de Europa, Obxectivos Desenvolvemento Sostible, Youth Goals, entre outros temas.O encontro terá lugar na cidade de Estrasburgo, do 23 ao 29 de xuño.REAJ e o Carné de Alberguista dá a posibilidade de apuntarse á mocidade de entre 18 e 26 anos de idade.O programa é GRATUÍTO, estando incluído tanto o aloxamento como a manutención e as actividades.Os participantes só terán que facerse cargo do transporte de ida e volta, aínda que este importe será reembolsado ao finalizar o Programa a condición de que o participante asistise e participado adecuadamente nas actividades. O importe máximo que pode ser reembolsado dependerá da distancia entre a súa cidade de residencia e Estrasburgo (Francia)O prazo de inscrición remata o 17 de marzo de 2025.
Inscríbete enchendo este formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScEojFNhVCccI27n7Ui-ZcndWKHHfcDqC6k92VopDa2f8Wo_Q/viewform?pli=1
Comentarios
Publicar un comentario