Visita da Directora Xeral de Xuventude |
Correspondentes de 1º CM |
Correspondentes 3º ESO º 2 FPB |
Hoxe foi un día importante para os Correspondentes Trasancos xa que vimos que o traballo ben feito ten recompensa e recoñecemento. Achegaronse ao Centro a Directora Xeral de Xuventude Cecilia Vazquez acompañada do director do proxecto Correspondentes Xuvenís e a Concelleira de Ensino do Concello de Narón, María Merced Taibo.
Nunha distendida e informal charla os correspondentes compartimos o traballo que facemos e expuxemos algunha das nosas inquedanzas a Directora Xeral e a Concelleira que foron tomadas en consideración e esperamos que na medida que sexa posible sexan atendidas.
Aínda que nunha das fotos saio cos ollos pechados, a visita pareceume moi interesante xa que ademáis de que nos agradeceros o noso traballo, puidemos comentar as nosas dúbidas e suxerencias directamente para poder así melloras neste proxecto que estamos comezando
ResponderEliminarFoi unha boa experiencia para nós, isto demostra o que o traballo e constancia pode chegar a lograr. Despois de esta visita seguiremos traballando máis que nunca para que o blog mellore cada vez máis.
ResponderEliminarAgradecemos a visita da Directora Xeral de Xuventude Cecilia Vazquez acompañada do director do proxecto Correspondentes Xuvenís e a Concelleira de Ensino do Concello de Narón, María Merced Taibo, xa que nos deron varios consellos sobre como mellorar o blog e felicitaronnos polo gran traballo que estamos a facer nel.
ResponderEliminarA Directora e a Concelleira de Ensino marcharon con moi boa impresión do IES, tanto é asi que onte chamaron da oficiña da mocidade de Narón para diseñar a colaboración con correspondentes Trasancos. Moitas Grazas polo voso traballo correspondentes, e grazas tamén a todo o profesorado que colabora e permite que este proxecto saia adiante.
ResponderEliminar