Eustory

Eustory é un concurso de historia con perspectiva local.

O formato é libre. Traballo escrito, presentación multimedia, páxina web, blogue, vídeo, audio, fotografía, obra de arte, texto  dramatizado…

-Traballo. Non pode ter máis de 15.000 palabras, e en caso de ser un audiovisual, non superar os 30 minutos.

-Informe de procedemento, onde expliques a organización do traballo (dificultades, fases, axudas externas, etc.), as fontes de información utilizadas

-Informe do titor sobre as condicións previas do alumno, grupo ou marco particular no que se inscribe o proxecto e a súa impresión xeral do traballo presentado. Non debe superar as 500 palabras.

 O prazo de recepción das obras estará aberto ata o día 17 de agosto de 2020.

· Requisitos :
A participación está aberta aos alumnos de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato, FP regrada e  ESPA menores de 21 anos. Os traballos pódense realizar de maneira individual ou en grupo, nese caso só se permite un traballo por grupo.


· Premios :
- 1 primeiro premio: 2.500 euros alumnos e 1.250 euros titor.
- 4 segundos premios de 1.000 euros alumnos e 500 euros titor.
- 5 terceiros premios de 500 euros alumnos e 250 euros titor.
- 10 Accésit de 200 euros alumnos e 100 euros titor.


http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18386-xiii-concurso-de-historia-para-a-mocidade-eustory-2020


XIII Concurso de Historia para a mocidade, Eustory 2020

Comentarios