Quen somos os correspondentes?



Correspondentes IES Terra de Trasancos pretende contar cunha "antena informativa"no centro, na que é o mesmo  alumnado o que recolle e filtra a  a información en materia de xuventude que se lles envie desde Xuventude ou dende a  Oficiña Municipal de información Xuvenil, (OMIX) do Concello de Narón e tamén de Concellos veciños e dos que procede o alumnado do centro (Ferrrol, Neda, San Sadurniño) e a difunde entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do persoal do centro coordinador de información xuvenil e co profesorado participante no programa.
Os correspondentes temos as seguintes funcións:
  •  Xestionar un taboleiro informativo no que haberá información sobre temas do noso interése.
  • Difundir a información que recibamos a través dos medios ao noso alcance: redes sociais, entre os compañeiros de instituto, grupos de wahtsapp...
  • Manter actualizado e ordeado o taboleiro informativo do centro.
  • Remitir a Xuventude información do noso centro que poida ser de interés para correspondentes doutros puntos de Galicia.correspondentes3
Os correspondentes do IES somos
Soraya, Julian, Selena, Alexis , Moises, Desiree De 1º de CM
Isabel, Ángela, Lara de FP Básica
Victoria, Aarón, Yaiza, Raul, Kenia, Nadia, Raul de 3º de ESO
O profesorado implicado: Juana, Juan, Lola, Carmen, Graciela

Comentarios