Encontro de correspondentes Xuvenís en Gandarío

 

Encontro de Correspondentes Xuvenís no albergue xuvenil de Gandarío


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez Suárez, reuniuse cos participantes no Encontro autonómico dos correspondentes 3.0 que se celebrou esta fin de semana no albergue xuvenil de Gandarío. Alí, os 210 participantes, recibiron formación para actuar como mediadores e ferramentas para previr o acoso escolar e o cyberbulling.

“A nosa intención é que, como transmisores de información, podades ser un referente nun uso da Internet máis respectuoso e con actitudes e comportamentos saudables con vistas a convivir nunha contorna máis segura”, comentou. Cecilia Vázquez

A formación, que busca tamén que os participantes se inicien como mediadores na prevención do acoso nos seus centros educativos, foi impartida por parte Patricia Gómez Salgado, docente da Universidade de Santiago de Compostela, doutora en psicoloxía é experta nesta temática, así como pola psicóloga Noa Tilve, técnica do Centro Quérote+ da Xunta.

Durante a súa estancia no albergue xuvenil de Gandarío, os participantes tamén desenvolveron un programa lúdico, compartiron experiencias e coñeceron como se organizan os seus compañeiros doutros centros para a difusión da información.

Dende o IES Terra de Trasancos  asisitiron dous correspondentes, estamos a espera os sus comentarios, xa que os exámenes os teñen moi ocupados

Os Correspondentes Xuvenís 3.0 teñen a oportunidade de potenciar as súas habilidades comunicativas e sociais e de transmitir valores como a solidariedade, a participación entre iguais e o liderado. A súa labor é recoñecida pola dirección Xeral de Xuventude cun certificado oficial e coa gratuidade dos carnés xoves, internacional e de alberguista. Teñen tamén a opción de solicitar un Certificado de experiencia en educación non formal

enlace ao post orixinal

Comentarios

  1. A mí me gustó mucho ir a Gandario por que fue una experiencia única y allí hice muchos amigos y creo que allí conoce a gentes de toda Galicia, hicimos muchas actividades, juegos,
    etc.… Yo creo que has personas que no fueron se han perdido muchas cosas porque te lo pasabas muy bien.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario