
O Ministerio de Educación convoca o programa Centros de educación ambiental en Zamora e en Cantabria.
É un proxecto educativo que pretende propiciar a adquisición de coñecementos, hábitos e condutas que incidan no coidado e mellora da contorna ambiental, mediante a análise dos problemas derivados da relación do home co medio e a participación en actividades que levan á reflexión, o compromiso e a actuación responsable cara á contorna.
Así mesmo trata de fomentar hábitos de vida saudable e desenvolver un conxunto de valores como a responsabilidade, a perseveranza, o coñecemento de si mesmo, o respecto e a autoestima.
A actividade desenvolverase en Villardeciervos (Zamora) e Viérnoles (Cantabria).
Requisitos
-Grupos de alumnos que cursen 5º e 6º de Educación Primaria, ESO ou Formación Profesional Básica.
Dotación
-Participación gratuita na actividade que durará cinco días (incluidos os días de viaxe).
Quendas:
Alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria:
Villardeciervos na primavera: catro quendas semanais entre o 14 de maio e o 8 de xuño de 2018.
Villardeciervos e Viérnoles no outono: catro quendas semanais entre o 24 de setembro e o 19 de outubro de 2018.
Alumnos de 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria:
Villardeciervos na primavera: dúas quendas semanais entre o 30 de abril e o 11 de maio de 2018, cun total de 4 grupos.
Villardeciervos e Viérnoles no outono: dúas quendas semanais entre o 22 de outubro e o 2 de novembro do 2018.
Alumnos de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional Básica.
Villardeciervos na primavera: dúas quendas semanais entre o 16 e o 27 de abril de 2018, cun total de 4 grupos.
Villardeciervos e Viérnoles no outono: dúas quendas semanais entre o 5 e o 16 de novembro do 2018.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 8 de marzo de 2018.
Máis información:
http://educacion.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/centros-docentes/becas-ayudas-subvenciones/no-universitarios/centros-educacion-ambiental.html
http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/13424-programa-centros-de-educacion-ambiental
Comentarios
Publicar un comentario