TEATROFILIA 2018

 TEATROFILIA 2018
Esta fin de semana comeza a XV Mostra de Teatro Amador de Vedra.
Todos os venres, sábados e domingos do 2 ao 24 de marzo, Teatrofilia 2018 presentará o mellor teatro amador feito en Galicia.
Ademais, este ano a Asociación Cultural Papaventos conmemora o seu 30º aniversario e para celebralo Andaravía Teatro estrea o venres 16 de marzo o seu novo espectáculo: o musical 'Moito barullo e poucas carolas', unha adaptación da comedia de William Shakespeare. E atención! O sábado 10 de marzo organizan tamén un obradoiro no que poderás crear e botar a voar o teu papaventos.
POGRAMACIÓN
VENRES 2 DE MARZO 21:15h "Pasar por Nida" TP Aula de Teatro da USC (Santiago de Compostela)
SÁBADO 3 DE MARZO 21:15h "Bernarda" +7 Lohengrín Teatro (Vigo)
DOMINGO 4 DE MARZO
16:30h "Benvido, Sr. Ilustrado!". TP Visita teatralizada aos xardíns do Pazo de Ortigueira* Andaravía Teatro (Vedra)
19:15h "Alén" Infantil Paso de Valverde (Arteixo)
VENRES 9 DE MARZO 21:15h "Só ante a Perigos" TP Grupo de Teatro Mediogüevo (Santiago de Compostela)
SÁBADO 10 DE MARZO
17h Obradoiro "Crea e voa o teu papaventos". De balde* Conmemoración do 30º Aniversario da A.C. Papaventos
19:15h "Danza da choiva" Elefante Elegante (Culleredo) Infantil
DOMINGO 11 DE MARZO 19:15h "Balas sobre Broadway" +12 Achádego Teatro (Lugo)
VENRES 16 DE MARZO 21:15h "Moito barullo e poucas carolas" TP Andaravía Teatro (Vedra)
SÁBADO 17 DE MARZO 21:15h "O último baile do Sr. José da Cunha" A Flor de Aldriz (Santa Maria da Feira - Portugal) TP
DOMINGO 18 DE MARZO
16:30h Tarde infantil "O sono de Nadal" Escola de San Miguel de Sarandón (Vedra) "Non máis muros" Teatro D’Ulla e máis aló (Vedra, A Estrada, Bandeira, Silleda) "Un, dous, tres, acción!" Grupo de Teatro da A.C. Cotomanguelo (Orazo)
19:15h "Enciclopedia Álvarez" TP Colectivo Cultural Ollomao (Barreiros)
VENRES 23 DE MARZO 21:15h "Contos de zapatilla" TP Grupo de teatro de maiores do Centro Social de Vedra
SÁBADO 24 DE MARZO 21:15h "Romeo e Xulieta" TP Teatro Airiños (Rianxo)
Prezo entrada: 3 euros Prezo bono: 7 euros Prezo visita teatralizada: 5 euros
*Para asistir á visita teatralizada polos xardíns do Pazo de Ortigueira e ao obradoiro “Crea e voa o teu papaventos” é preciso inscribirse previamente no correo electrónico ac_papaventos@yahoo.es.
VISITA TEATRALIZADA AO PAZO DE SANTA CRUZ
Dentro da programación de Teatrofilia 2018, Andaravía Teatro realizará unha nova visita teatralizada aos xardíns do Pazo de Ortigueira (Santa Cruz de Ribadulla) co seu espectáculo “Benvido, Sr. Ilustrado!”. As prazas son limitadas polo que é necesaria inscrición previa.
Día: domingo, 4 de marzo Hora: 16:30h Prezo: 5 euros Inscricións: ac_papaventos@yahoo.es
OBRADOIRO "CREA E VOA O TEU PAPAVENTOS"
A Asociación Cultural Papaventos celebra este ano o seu 30º aniversario e para conmemoralo organiza o obradoiro “Crea e voa o teu papaventos” onde poderás construír dende cero o teu propio aparello, decoralo como máis che guste e botalo a voar. As prazas son limitadas polo que é necesaria inscrición previa.
Día: sábado, 10 de marzo Hora: 17h Lugar: Centro Social de Vedra Prezo: De balde Inscricións: ac_papaventos@yahoo.es
http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/13416-teatrofilia-2018 

Comentarios