Voluntariado Europeo en Italia

 


A Oficina de información xuvenil de Ribadavia busca cinco persoas para un proxecto de Voluntariado Europeo en Italia para unha actividade que duraría do 07/09/2018 a 01/09/2019. Unha duración de 12 mese para un proxecto de voluntariado do programa Erasmus + en Turin.
Sería para apoio a Cooperativa Social Stranaidea en actividades de área social e con diferentes tipos de usuarios, e
un ou máis destes servizos e actividades relacionadas, propoñeránselle a cada voluntario para levar a cabo o seu proxecto e así obter unha ampla experiencia nesa organización.
As áreas son as seguintes:
Actividades con nenas e nenos e persoas discapacitadas adultas (administramos centros diarios realizando actividades artísticas, deportivas, musicais, de socialización, produtos de artesanía para vender, apoio no estudo, intervencións individuais con nenos e familias, etc.);
Actividades con nenos de 0-3 e 4-6 anos (xardín de infantes, salas de xogos para actividades de socialización, talleres creativos, manuais, físicos, teatrais, etc.);
Proxectos de teatro social e comunitario coa comunidade local (novas, adultos, grupos, discapacitados, adultos con dificultades, etc.) e persoas discapacitadas dentro e fóra de Stranaidea;
Actividades diarias cun pequeno grupo de persoas sen fogar (xardinería, cociña, pintura, limpeza, etc.)
As e os candidatas/os e as organizacións de envío deben enviar a omix.ribadavia@gmail.com un CV (prefírese o formato Europass) cunha foto (baixa resolución) e un formulario de solicitude que é esencial para a candidatura, sen el a candidatura non se toma en consideración. A carta de motivación non é necesaria xa que pedimos motivar a súa candidatura no formulario de solicitude.
Máis información na OMIX de Ribadavia. Casa da Xuventude, Rua Porta Nova de abaixo 9. Ribadavia. Ourense
Teléfono: 988 471 929
E-mail: omix.ribadavia@gmail.com
Web-site: http://www.omixribadavia.wordpress.com
Facebook: OMIXRibadavia/ Casa Da Xuventude Ribadavia
Twitter: OMIXRibadavia
Instagram: OMIX Ribadavia


Comentarios