Bolsas de formación de persoal auxiliar en materia de investigación mariña

A Consellería do Mar convoca 8 bolsas para completar a formación de técnicos superiores de ciclos formativos de grao superior como persoal auxiliar de investigación mariña.
Requisitos:
1. Estar en posesión do título de técnico/a superior e ter rematados os estudos con posterioridade ao 31 de decembro de 2014, dos ciclos formativos de grao superior dalgunha das seguintes especialidades:
a) Solicitantes de bolsas en Actividades Marítimo-Pesqueiras/Acuicultura:
– Título de técnico superior en acuicultura.
b) Solicitantes de bolsas en Química/Análise e Control:
– Título de técnico superior en análise e control.
c) Solicitantes de bolsas en Anatomía Patolóxica e Citodiagnose:
– Título de técnico superior en anatomía patolóxica e citodiagnose.
As bolsas terán unha duración de 2 anos a partir da data de incorporación que se estableza na resolución de concesión.
importe bruto mensual de cada bolsa será de 800 €.
As bolsas realizaranse no Centro de Investigacións Mariñas (Cima) que está integrado polo Centro de Investigacións Mariñas de Corón-Vilanova de Arousa e o Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo do seguinte xeito:
Actividades Marítimo-Pesqueiras/Acuicultura
Corón: 3 bolsas
Ribadeo: 2 bolsas
Química/Análise e Control
Corón: 2 bolsas
Sanidade/Anatomía Patolóxica e Citodiagnose
Corón: 1 bolsa
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 9 de xullo de 2018.
As solicitudes están dispoñibles en http://sede.xunta.es co procedemento PE609B
Máis información no DOG do 8 de xuño de 2018 e en www.mar.xunta.gal

Comentarios