ACTIVIDADE CONTACONTOS E CONCERTO NA CASA DA MOCIDADE


Tras o peche por obras de reacondicionamento dos locais, a Axencia de lectura municipal da Gándara e a Aula de informática da Casa da mocidade retomaron a súa actividade o 3 de setembro.
A Axencia de lectura segue prestando servizo a persoas de todas as idades, pero os seus fondos e actividades van ir orientándose máis ao público xuvenil. O seu fondo conta dende este mes con moitas novidades bibliográficas, entre as que destacan as coleccións de manga recomendadas pola Asociación Gaikai.
Para celebrar esta reapertura dos servizos organizamos dúas actividades para este venres 28 de setembro.
Ás 17:30 haberá unha sesión de contacontos para nenos e nenas a partir de 4 anos. A praza para participar pódese reservar a partir de hoxe luns 24 ás 16:00 horas.
Ás 18:30 o grupo xuvenil naronés A banda do garaxe ofrecerá un concerto para o público en xeral.

Comentarios