BOLSAS DE ESTUDOS FORTEGA INMERSIÓN LINGUISTICA

https://becas.faortega.org/
Para máis información pica na imaxe
A Fundación Amancio Ortega puxo en marcha este programa de bolsas, co obxecto de facilitar a mocidade de institutos e colexios españois un proceso de inmersión nunha cultura estranxeira, á vez que perfeccionan a aprendizaxe da lingua inglesa, durante un ano académico.
 Os alumnos seleccionados convivirán cunha familia do país de acollida e cursarán Grao 11 (equivalente a Primeiro de Bacharelato). A bolsa cobre o 100% dos servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro: viaxe, taxas de escolarización e matrícula nun instituto público, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, convalidación do ano académico e apoio continuado durante os dez meses de estancia; en ningún caso a bolsa supón a achega económica do valor destes servizos ao beneficiario. 
 O Programa convoca 600 bolsas dirixidas a estudantes de 4º de ESO de centros españois, para estudar Primeiro de Bacharelato nun High School en Canadá ou Estados Unidos o próximo curso escolar 2019-2020.

Comentarios