PREVENCION DA VIOLENCIA DE XÉNERO NAS AULAS


Entre os actos organizados polo Concello de Narón para conmemorar o Día CONTRA A VIOLENCIA  DE XÉNERO celebrarase un faladoiro sobre Prevención da violencia de xénero nas aulas, a cargo de ALMAT (Asociación de loita contra os malos tratos).
 
O acto vai ter lugar o vindeiro luns día 19 de novembro ás 19:00 horas na Casa da Mocidade (A Gándara) e está especialmente recomendado para a mocidade, as súas familias e o persoal docente.

Comentarios