Concurso de cómic manga

O obxectivo do concurso é presentar unha idea para o posterior desenvolvemento dun manga de 160 páxinas. Este volume presentará unha historia  autoconclusiva. Deberá conter uns protagonistas con carisma e ben definidos.Os traballos presentados a concurso deberán ser orixinais e inéditos en toda a súa forma, así como non ser presentados a ningún outro certame ou feito públicos A temática, estilo e xénero son totalmente libres e o proxecto para presentar debe consistir en nun resumo do argumento da obra nun espazo como mínimo 1 folla e máximo de 2 follas (a unha cara) así 5 ou 6 liñas como presentación do proxecto. Tan só se aceptan arquivos DOC, RTF ou TXT. Outros formatos serán descartados. O gañador terá despois que seguir desenvolvendo a historia ata completar as 160 páxinas requiridas. Pode engadirse de maneira opcional unha portada (en branco e negro ou a cor)
Datos persoais do autor ou autores: Nome e apelidos. Dirección completa. Correo electrónico. Teléfono. Ano de nacemento. Experiencia artística, se a hai. Nacionalidade.
Os proxectos poden presentarse en formato físico (papel) ou dixital. En ningún caso deben enviarse os orixinais. As páxinas deben estar debuxadas a un tamaño proporcional a 11,5 x 17,5 cm (tamaño de impresión final), sendo ilimitado o tamaño máximo do bosquexo ou debuxo orixinal, pero limitado a 23 x 35 cm (máis 4 mm de sangue) como máximo para o documento.
Pode empregarse calquera técnica creativa, tendo en conta que a obra será en branco e negro.Non se aceptarán traballos presentados a lapis ou a cor.
Pódense presentar un máximo de tres obras por autor, a título individual ou formando parte dun colectivo ou grupo de autores.
prazo de admisión finaliza o 25 de agosto de 2019 ás 23:59, hora peninsular española.
Requisitos: O concurso poden presentarse candidatos con calquera nacionalidade e idade.
Dotación:O premio consistirá nun contrato de edición para completar a obra nun total de 160 páxinas e ser publicada por Norma Editorial, de 3.000 euros.
Máis información:concursomanga@normaeditorial.com
https://www.normaeditorial.com/concursomanga/?page_id=3855 

Comentarios