Curso ofimática a distancia

Curso para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática


Curso para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática

22 Xan 2019

    A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia fai unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.
    Destinatarios:
    Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición.
    Organización do curso
    Número de prazas: 180.
    Duración: 12 semanas (190 horas lectivas).
    Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.
    Datas de realización: do 18 de febreiro ao 24 de maio de 2019
    Contido:
    Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas).
    Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer (30 horas).
    Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas).
    Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas).
    Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas).
    Solicitudes de participación: a través da internet na páxina web de CeMIT (https://cemit.xunta.gal)
    prazo para a inscrición estará aberto ata o 29 de xaneiro de 2019.
    Máis información no DOG do 22 de xaneiro de 2019 e en https://cemit.xunta.gal/cemit_servizos

    Comentarios