Campamentos de inglés durante o verán

Programa intensivo de inmersión lingüística en inglés

06 Mar 2019
    O Ministerio de Educación convoca 2.400 bolsas para a estanza e participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España dunha semana de duración cada unha delas, en réxime de internado e pensión completa, durante o mes de xullo de 2019.
    Requisitos:
    a) Ter nacido entre o 1 de xaneiro de 1999 e o 31 de decembro de 2002 e estar matriculado no curso 2018-2019 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:
    Bacharelato
    Ensinanzas profesionais de música e danza
    Grao medio de Formación Profesional
    Grao medio de artes plásticas e deseño
    Grao medio de ensinanzas deportivas
    Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado
    b) Ter obtido no curso 2018-2019 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación
    c) Ter totalmente aprobado o curso inmediato anterior, cunha nota final mínima de 7,50 puntos na asignatura de inglés.
    Contía da axuda:
    A obtención da axuda comportará a cobertura de todos os gastos de participación no curso, con excepción de 100 € e os gastos de desprazamento ao Centro, que serán por conta do participante.
    A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por internet a través da sede electrónica do Ministerio de Educación na dirección www.educacionyfp.gob.es no apartado correspondente a Trámites e servizos.
    prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 10 de abril de 2019.
    Máis información no BOE do 6 de marzo de 2019 e en http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/becas-ayudas.html

    Comentarios