Probas para a obtención dos certificados de lingua galega

Probas para a obtención dos certificados de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4 
Probas para a obtención dos certificados de lingua galega 


A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4.

Persoas destinatarias:
As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

Datas:  As probas terán lugar no mes de xuño de 2019.
Lugares:  As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

Os formularios de solicitude, segundo o modelo PL500C, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal.

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 25 de abril de 2019
Máis información no DOG do 25 de marzo de 2019 e en www.lingua.gal

 

Comentarios