Concurso de Fotografía Científica


O concurso está aberto a todo o alumnado e profesorado de secundaria, bacharelato e FP dos centros educativos de Galicia.
Temática
O certame organízase con motivo da celebración da Galiciencia 2020 baseándose na temática de referencia desta edición: A innovación do futuro, polo que, partindo dun enfoque conceptual libre e aberto, as fotografías deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorno relacionado coa temática en cuestión.
Condicións e formatos
- O número máximo de fotografías por persoa que se poderán presentar será de 3.
- As fotografías presentaranse en branco e negro ou color.
- As fotografías deberán ser orixinais e inéditas e non ter sido premiadas en ningún outro concurso. Os participantes deberán ser os/as autores/as das obras presentadas.
- As fotografías poderán estar en formato jpg, tiff, cunha resolución mínima de 1772 x 1181 pixeles (bastará unha cámara de 2Mpx), esta é a resolución mínima para poder reproducir as fotos en formato 30x20cm. Sería preferible unha resolución maior.
- Poden facerse axustes na imaxe, con respecto a color, niveis e axustes e correccións. Non está permitido manipular a foto de maneira que se cambien obxectos ou elementos da imaxe, polo tanto non se permiten fotomontaxes.

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18192-concurso-de-fotografia-cient%C3%ADfica

Comentarios