bolsas de idiomas para moz@s con discapacidade

Bolsas de idiomas para mozos/as con discapacidade

11 Feb 2020

A Fundación ONCE puxo en marcha a terceira edición do programa de axudas de mobilidade internacional para que mozas e mozos con discapacidade de entre 18 e 29 anos poidan estudar inglés, francés ou alemán nalgún país da Unión Europea cuxa lingua oficial sexa un destes tres idiomas.
As axudas son para cursos e estancias de entre 4 e 12 semanas de duración, nalgún país da UE onde o idioma oficial sexa o inglés, francés ou alemán.
As bolsas para estancias de 4 semanas son de 2.000 euros e as de 12 ascenden a 6.000 euros. Todas elas cobren a formación en inglés, francés ou alemán a través de cursos que deberán desenvolverse entre o 1 de marzo e o 15 de setembro deste ano e que haberán de ter unha carga lectiva de polo menos 20 clases semanais dun mínimo de 40 minutos cada unha.
Prazos: pódense presentar as solicitudes ata o 7 de agosto de 2020 a través do portal de bolsas de Fundación ONCE:  https://bolsas.fundaciononce.es na sección "Bolsas de idiomas no estranxeiro".
Requisitos
- Acreditar un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
- Ter entre 18 e 29 anos.
- Estar rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil de maneira previa ao comezo do curso.
- Posuír un nivel mínimo  B1 do idioma para o que solicitan a axuda ou outro título ou nivel asimilado.

Comentarios