Consumópolis 15

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18327-consumopolis-15

A Consellería de Educación e o Instittuo Galego de Consumo e da Competencia convoca a fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida "Consumópolis 15.  Os teus actos de consumo poden cambiar o mundo, como o farías ti?"

 O concurso consta de dúas partes: o percorrido pola cidade virtual de Consumópolis e o deseño, elaboración e exposición dun traballo en equipo sobre consumo responsable.
- A primeira parte do concurso consiste na realización do percorrido pola cidade virtual de Consumópolis, que se desenvolve a través do sitio web www.consumopolis.es
- A segunda parte do concurso consiste no deseño, elaboración e presentación dun traballo conxunto sobre consumo responsable.


Participantes:
Poderán participar nesta fase autonómica todos aqueles equipos constituídos por cinco alumnos ou alumnas que cursen estudos de 5º ou 6º de educación primaria ou 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO en calquera centro docente de Galicia.


 Categorías de participación:
– Categoría A: alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria.
– Categoría B: alumnado de 1º e 2º curso de ESO.
– Categoría C: alumnado de 3º e 4º curso de ESO.


O prazo para presentarse ao concurso estará aberto ata o día 29 de abril de 2020 e a solicitude deberá tramitarse en https://sede.xunta.gal co código do procedemento IN114A.

Comentarios