Eu, xefa

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18223-eu-xefa 
  
"Eu, xefa" é un programa para eliminar os condicionantes visibles e invisibles que aínda hoxe existen na nosa sociedade e que impiden ás mulleres chegar a postos de responsabilidade nos seus respectivos ámbitos laborais. 

Dentro deste programa, pensado tamén para dar visibilidade ás xefas do presente e así inspirar ás xefas do futuro, desenvolverase o "Shadowing Eu, xefa", cuxo obxectivo principal é favorecer o intercambio de experiencias e coñecemento entre distintas xeracións de mulleres. Para iso, emparellarán a 15 das directivas e emprendedoras máis recoñecidas do ecosistema español con estudantes universitarias para que, baixo o seu  mentorización, dean forma a un proxecto e/ou idea innovadora que poida ter un desenvolvemento real e empresarial nun futuro.
Este programa está aberto a calquera moza líder entre 18 e 25 anos que sexa estudante de educación universitaria (Grao, Posgrao ou Máster).

O "Shadowing Eu, xefa" tamén contempla que a xefa-mentora e a estudante-emprendedora compartan entre 1 e 3 xornadas de traballo. Búscase que as máis novas poidan desenvolver esas habilidades que non se adquiren máis que a través da experiencia e que aprendan como é o día a día de quen xa son exitosas empresarias. Deste xeito, saberán a que decisións terán que enfrontarse cando sexan elas as que lideren os seus propios negocios.

Os proxectos serán avaliados por un Xurado e presentaranse publicamente nun Pitch Day Competition que poñerá punto e final ao "Shadowing Eu, xefa". O mellor deles recibirá un premio e haberá 3 finalistas que recibirán un recoñecemento.

Comentarios