Programa Young Leaders de Women Deliver

Programa Young Leaders de Women Deliver

Women  Deliver, plataforma que promove a igualdade de xénero e a saúde e os dereitos das nenas e as mulleres, busca participantes no programa Young Leaders.
O programa Women Deliver Young Leaders conecta mozas interesadas coas plataformas, as persoas e os recursos para amplificar a súa influencia para avanzar na igualdade de xénero.
Ata o de agora, o programa apoiou a 700 mozas defensoras de 138 países para avanzar na igualdade de xénero e a saúde e os dereitos das nenas e as mulleres. Este ano,  Women  Deliver está a buscar 300 defensoras comprometidas na igualdade de xénero para unirse á próxima clase de Young Leaders.
Os requisitos de participación son os seguintes:
- Idade: ter entre 15 e 28 anos (á data de inicio do programa, 1 de Maio de 2020).
- Ter bo nivel de inglés (posto que o programa será en inglés).
- Ter acceso regular a Internet e correo electrónico.
- Ter pasaporte válido ou estar disposto a adquirir un, e ser capaz de viaxar ao estranxeiro.
- Ter conta bancaria ou Paypal.
Aceptaranse solicitudes ata o próximo día 13 de Marzo 2020 ás 23:59 h.
A seguinte clase empezará en maio de 2020 e, para esa data terase acceso ás plataformas e os recursos do programa. O programa ten unha duración de dous anos, finalizando coa Conferencia Woman Deliver 2022 (en Nova York), á que os asistentes ao programa poden asistir.
Para máis información hai un email dispoñible:  youngleaders2020@womendeliver.org

Comentarios