ADMISIÓN NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

Solitudes de admisión (preinscrición) para cursar ensinanzas universitarias oficiais de grao no Sistema Universitario Galego.

CONVOCATORIA ORDINARIA: TIPOS DE SOLICITUDE, PRAZOS E QUEN PODE SOLICITAR

Unha vez finalizado un prazo de solicitude (ANTICIPADA, ORDINARIA OU EXTRAORDINARIA), non se poderá modificar a relación de graos solicitados nin a orde en que se fixo a solicitude. O estudantado que faga a solicitude anticipada ou ordinaria, non poderá facer unha nova solicitude na convocatoria extraordinaria.

1.- SOLICITUDE ANTICIPADA

1.1. PRAZO:

O prazo para formalizar a Solicitude Anticipada vai do 12 de xuño ao 1 de xullo (ata as 14:00 horas).

1.2. QUEN PODE SOLICITAR:

Poderán facer a preinscrición neste prazo de Solicitude Anticipada

1) Alumnado en posesión do título de Bacharelato do sistema educativo español ou titulo

equivalente obtido en anos anteriores e coa PAU ou a ABAU aprobada, agás aqueles que se

presenten á ABAU na convocatoria ordinaria de 2024.

2) Titulados/as de Formación Profesional, agás aqueles que se presenten no SUG á Parte

Voluntaria da ABAU na convocatoria ordinaria de 2024.

3) Alumnado de anos anteriores en posesión do título de Bacharelato Europeo en virtude das disposicións contidas no Convenio polo que se establece o estatuto das Escalas Europeas Internacional.

4) Alumnado de anos anteriores con acreditación expedida pola UNED para acceder ás Universidades Españolas, agás aqueles que se presenten á Parte Voluntaria da ABAU na convocatoria ordinaria de 2024.

5) Alumnado procedentes de sistemas educativos estranxeiros que teñan obtido a homologación dos seus estudos ós títulos de bacharelato ou de técnico superior de formación profesional.

6) Titulados/as universitarios do SUG e de Distritos de fora de Galicia de anos anteriores.

7) Alumnado que teña superadas, nunha universidade española, as probas especificas de acceso á universidade para Maiores de 25 anos.

8) Alumnado que teña superadas no SUG as probas específicas de acceso á universidade para Maiores de 45 anos.

2.- SOLICITUDE ORDINARIA:

2.1. PRAZO:

O Prazo para formalizar a solicitude vai do 19 de xuño ao 1 de xullo (ata as 14 horas).

2.2. QUEN PODE SOLICITAR:

Poderán facer a preinscrición neste prazo de Solicitude Ordinaria:

1) Alumnado dos centros de Bacharelato da C.A. de Galicia ou de fóra de Galicia que aprobe a ABAU na convocatoria ordinaria de 2024, soliciten ou non soliciten revisión das cualificacións obtidas na mesma.

2) Alumnado de centros de Bacharelato da C.A. de Galicia e de fóra de Galicia de anos anteriores que se presente á ABAU na convocatoria ordinaria de 2024 para mellorar a súa nota de acceso, soliciten ou non soliciten revisión das cualificacións obtidas na mesma.

3) Titulados/as de Formación Profesional dos centros da C.A.de Galicia e de fora de Galicia que se presenten á ABAU na convocatoria ordinaria de 2024, soliciten ou non soliciten revisión das cualificacións obtidas.

4) Alumnado en posesión do título de Bacharelato Europeo en virtude das disposicións contidas no Convenio polo que se establece o Estatuto das Escalas Europeas.

5) Alumnado con acreditación expedida pola UNED para acceder a las Universidades Españolas, expedida este curso 2023-24 ou que se presentaron a parte voluntaria da ABAU na convocatoria ordinaria de 2024.

6) Alumnado procedentes de sistemas educativos estranxeiros que teñan obtido a homologación dos seus estudos ós títulos de bacharelato ou de técnico superior de formación profesional.


CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA: TIPOS DE SOLICITUDE, PRAZOS E QUEN PODE SOLICITAR

1. PRAZO:

O Prazo para formalizar a solicitude da Convocatoria Extraordinaria vai do 17 ao 22 de xullo (ata as 14:00 horas).

1.1.PRAZO ESPECIAL PARA ESTUDANTES QUE SUPERAN A ABAU EN SETEMBRO OU QUE FINALIZARON FP EN DATA POSTERIOR A PREINSCRICIÓN EXTRAORDINARIA:

O estudantado que aprobe a ABAU, en setembro, fora da C.A. de Galicia e os estudantes de FP que remataron os seus estudos en data posterior a preinscrición extraordinaria e ten feito o depósito do título poderá solicitar admisión nas titulacións do SUG con prazas vacantes para a convocatoria extraordinaria para as que teñan nota de admisión superior á do/a último/a alumno/a admitido/a do 23 ao 27 de setembro (ata ás 14:00h.). Estes estudantes realizarán os trámites administrativos de prescrición ás ensinanzas universitarias do SUG a través dos LERDs.

O estudantado da convocatoria ordinaria e extraordinaria, salvo "PRAZOS ESPECIAIS DA CONVOCATORIA ORDINARIA”, e os do “PRAZO ESPECIAL PARA ESTUDANTES QUE SUPERAN A ABAU EN SETEMBRO” realizarán os trámites administrativos do acceso ás ensinanzas universitarias do SUG a través da aplicación informática NERTA (www.edu.xunta.es/nerta/alumnado), aberta ata as 14:00 horas do último día de cada un dos prazos sinalados.


 PROCEDEMENTO DE PREINSCRICIÓN E DOCUMENTACIÓN

1.- O alumnado de Bacharelato dos Centros da C.A. de Galicia coa ABAU superada que ten os seus datos académicos informatizados na aplicación NERTA

- Rexistra a solicitude de preinscrición, indicando a relación priorizada de titulacións na Aplicación NERTA.

- Non ten que presentar ningunha documentación.


2.- O alumnado de FP dos Centros da C.A. de Galicia que se presentaron á Parte Voluntaria da ABAU e que ten os seus datos académicos informatizados na aplicación NERTA

-Rexistra a solicitude de preinscrición, indicando a relación priorizada de titulacións na Aplicación NERTA.

-É necesario que teña feito o abono das taxas para a expedición do título e que o centro de P teña feito o transvase do expediente completo de Xade a Nerta.

-No caso do estudantado de Formación Profesional DUAL pertencente a centros de Galicia ue estea en disposición de acadar o título de Técnico Superior de FP, Técnico Superior de rtes Plásticas e Deseño ou Técnico Deportivo Superior ou equivalente na convocatoria rdinaria do curso 2023/24, e que estea pendente de titularse por non ter finalizado algún módulo de formación en coordinación con empresas ou centros de traballo e, se é o caso, o módulo de proxecto, a súa nota de acceso será un 5,000 á que se lle sumará para a súa admisión a nota que corresponda da parte voluntaria, se é o caso. A súa admisión é provisional e queda condicionada a que acade o título na convocatoria ordinaria deste curso 2023/24, e faga o depósito do título de forma inmediata. Este alumnado terá que facer a preinscrición no LERD.

3.- O alumnado que non ten os seus datos informatizados na Aplicación Informática NERTA seguirá seguinte procedemento:

3.1.- Rexistra os seus datos persoais e académicos na Aplicación NERTA

3.2.- Rexistra a solicitude de preinscrición, indicando a relación priorizada de titulacións na Aplicación NERTA.

3.3.- Marca a declaración responsable de que os datos reflexados son correctos.

3.4.- Sube á Aplicación NERTA a seguinte documentación en formato PDF:

- Copia do DNI, NlE ou Pasaporte (no caso de estranxeiros/as),

- Unha copia do resto de documentación específica segundo a credencial de Acceso, que se indica a continuación.

Nota: Só no caso de resultar admitido e unha vez que formalice a matrícula, entregará a documentación orixinal ou debidamente cotexada na universidade en que se matricule.


NOTA IMPORTANTE

Estudantado con discapacidade: O alumnado da cota xeral que desexen acollerse á cota de prazas reservada para este colectivo (artigo 26 do RD 412/2014, de 6 de xuño), ademais dos documentos comúns e específicos, deberá presentar certificado de cualificación e recoñecemento do grao de discapacidade expedido polo órgano competente da Comunidade Autónoma correspondente ou certificación da Consellería de Educación da Comunidade Autónoma onde cursou Bacharelato na que conste a súa condición de estudante con necesidades educativas especiais permanentes asociadas a circunstancias persoais de discapacidade, que durante a súa escolaridade anterior precisasen de recursos e apoios para a súa plena normalización educativa.

Deportistas de Alto Nivel e Alto Rendemento: O alumnado da cota xeral que desexen acollerse á cota de prazas reservada para este colectivo, ademais dos documentos comúns e especificas, deberá presentar:

-Deportistas de Alto Nivel: copia da resolución do Secretario de Estado-Presidente do Consello Superior de Deportes que recoñeza la condición de deportista de alto nivel coa indicación do BOE na que está publicada.

-Deportistas de Alto Rendemento: acreditación da cualificación de deportista de alto rendemento realizada polo Consello Superior de Deportes ou do organismo competente da Comunidade Autónoma, segundo corresponda. 

CONVOCATORIA E PRAZOS DE MATRÍCULA

Para cada chamamento establécense dous días de matrícula (desde as 00.00h do primeiro día ata as 23:59h) Chamamentos de Matrícula nas Universidades do SUG 2024:

Convocatoria Ordinaria

1º 10 – 11 xullo

2º 16 – 17 xullo

3º 20 – 22 xullo

Convocatoria Ordinaria-Extraordinaria

4º 25 – 26 xullo

5º 30 – 31 xullo

6º  4 – 5 setembro

Convocatorias por Vacantes

7º 11 - 12 setembro

8º 25 - 26 setembro

9º  12 - 14 outubro

CONVOCATORIA POR VACANTES (15 xullo a 15 de outubro): No caso de que se produzan vacantes en titulacións xa pechadas convocarase ao estudantado que lle corresponda, aínda que xa estean matriculados noutra titulación, para matricularse nos prazos de matrícula ordinarios (2ª, 3ª, 4º, 5º e 6º) ou nas convocatorias específicas (7ª, 8º, 9º, ....).

Comentarios