PUNTO DE RECOLLIDA PARA VALENCIA NO IES TERRA DE TRASANCOS

O IES Terra de Trasancos porá a disposición un punto de recollida no vestíbulo do instituto para doar a Valencia, debido á situación de emerxencia que está vivindo a poboación e a necesidade que ten.

Acordamos recoller: AUGA, LEITE, PRODUCTOS DE HIXIENE PERSOAL E DO FOGAR, COMPRESAS E PAÑALES.

O venres enviaremos todo á casa solidaria e logo irán para Valencia. 

Agardamos a vosa axuda, grazas pola vosa solidariedade!

Comentarios