Contratación de actividades de orientación laboral a persoas mozas

 

A Xunta de Galicia fai unha convocatoria de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral, destinadas a persoas mozas con particular atención a aquelas con déficit de formación.

Entidades beneficiarias:

a) As entidades locais que teñan unha media de paro rexistrado no ano 2024 superior a 350 persoas ou formen parte dunha agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos galegos.

b) As confederacións e asociacións empresariais e as organizacións sindicais de Galicia, e as fundacións delas dependentes con experiencia na realización de accións de orientación laboral.

c) As seguintes entidades sen ánimo de lucro, que realicen accións de orientación laboral:

– Entidades especializadas en atención a persoas con discapacidade.
– Entidades especializadas en atención a un colectivo específico de persoas en determinadas situacións de risco de exclusión social.
– Entidades non incluídas nas dúas liñas anteriores, que teñan entre as súas finalidades a atención, en xeral, a colectivos de persoas en risco de exclusión social ou situación de vulnerabilidade.

As solicitudes poden tramitarse en:


prazo estará aberto ata o 24 de febreiro de 2025.


Máis información no:




Comentarios