A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca subvencións para o apoio á creación de obras audiovisuais con decidida vocación artística e cultural e, en concreto, a realización de curtametraxes a cargo de creadores/as individuais, e a posprodución de curtametraxes e a realización de longametraxes a cargo de empresas individuais ou produtoras.
- Proxectos subvencionables:
A1: axudas a curtametraxes sobre proxecto en versión orixinal galega cunha duración inferior a 60 minutos.
A2: axudas a curtametraxes en construción que estean gravadas en versión orixinal galega, teñan unha duración inferior a 60 minutos e teñan previsto realizar os traballos de posprodución en Galicia.
- Modalidade B: subvencións a proxectos de longametraxes cinematográficas en versión orixinal galega cunha duración igual ou superior aos 60 minutos, que se correspondan con propostas de especial valor artístico e creativo e/ou empreguen novas formas de linguaxe audiovisual e/ou adopten fórmulas narrativas non convencionais, e que estean a cargo dun director ou dunha directora que non dirixise ou codirixise máis de dúas longametraxes cualificadas para a súa explotación comercial en salas de exhibición cinematográfica.
- Persoas beneficiarias:
- As persoas autónomas ou as persoas xurídicas que estean constituídas como produtora independente no momento de presentar a solicitude que desenvolvan a súa actividade habitual maioritariamente en Galicia.
As solicitudes tramitaranse a través de https://sede.xunta.gal co procedemento CT207E.
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto do 24 de enero de 2025 ao 24 de febreiro de de 2025. O prazo de resolución é de cinco meses.
Comentarios
Publicar un comentario