Programa intensivo de inmersión lingüística en inglés

 


O Ministerio de Educación convoca 2.400 bolsas para a estanza e participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España dunha semana de duración cada unha delas, en réxime de internado e pensión completa, durante o mes de xullo de 2025.

Requisitos:
a) Ter nacido entre o 1 de xaneiro de 2005 e o 31 de decembro de 2008
b) Estar matriculado no curso 2023-2024 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:
- Bacharelato
- Ensinos profesionais de música e danza
- Grao medio de Formación Profesional
- Grao medio de artes plásticas e deseño
- Grao medio de ensinos deportivos
- Ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado
c) Ter obtido no curso 2024-2025 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación.
d) Ter aprobadas todas as asignaturas do curso 2023-2024, a data de finalización do curso, cunha nota final mínima de 9 puntos na asignatura de inglés.

Contía da axuda: A obtención da axuda comportará a cobertura de todos os gastos de participación no curso, con excepción de 100 € e os gastos de desprazamento ao centro, que serán por conta do participante.

solicitude deberase cumprimentar en: www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/extraescolares

prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 13 de marzo de 2025.



Comentarios